Situación

Santiso está situada no Val de Maceda ó pe da Serra do San Mamede. A súa estratéxica situación fixo que sempre estivera ligado a importantes casas tanto civiles coma relixiosas. Encóntrase aproximadamente a 700 metros de altitude e é un dos últimos pobos, xunto a A Teixeira, Calveliño do Monte, Escuadro e Castro antes de adentrarse no gran macizo oriental ourensán. Foi lugar de paso das xentes de Caldelas que se dirixían cara o Santuario dos Milagros. Probablemente coma unha vella herdanza dos tempos de dominio monacal que reinaban na Galiza, no que Santiso constituía unha clara referencia do Mosteiro de Montederramo, no control das terras do Val de Maceda.

compas.jpg