Publicado por: paguiar2 | Setembro 5, 2008

Rematou o verán

Xa estamos en setembro. Rematou o mes de Agosto, e con el remataron as festas e as vacacións. A orquestra Fantasía tentou iluminar a escura noite do 14 de Agosto. Choveu un chisco no descanso da orquestra, pero a xente non se deixou vencer. Recuperamos forzas e rematamos a noite coa queimada. O venres un karaoke cheo de estrelas, voces para todos os gustos. O sábado empatamos 2-2 contra o C.D. Maceda de veteráns, quizais o mellor resultado posible despois das liortas que vivimos. A cea popular do sábado pola noite foi de novo un éxito. Visita do alcalde. Traballo arreo antes da cea para protexernos dunha chuvia que finalmente non apareceu. Reparto de churrasco, empanada, bica e viño. O licor café e os músicos chegados de Vilanova dos Infantes fixeron erguer a todos das cadeiras. De novo chegaron os felos, felos de verán, entroido de agosto para quen non pode vir no inverno. Finalmente contabilizamos 117 persoas. ¡O ano vindeiro máis!

Alguén pode enviar fotos? que o faga aquí: santirso@hotmail.com

Graciñas a todos pola vosa colaboración.


Respostas

  1. Hola veciños, vexo que a “Vila da Serra, capital de las cerillas” está en pé, alegroume moito atopar esta páxina e ver que os novos de Santirso tiran moito polo pobo. Animo!! Únome a todos vós, xa que tamén é o meu pobo. Un bico para toda a peña

  2. Boas Hidra,
    Non sabemos quen eres

  3. os novos son os que menos tiran hay outros que no son novos e tiran mais , ademais quen sera ¿hidra? saudos dende santiso vila da serra

  4. nom sei quen sera esta hidra que tan pouco sabe de santiso

  5. Perdonar que me meta, pero no solo tiran de Santirso los que viven alli todo el año. Para empezar sin los jovenes, pienso yo que el pueblo estaria medio muerto, y aunque a algunos les gustaria borrarnos del mapa y que desapareciéramos de Santirso, lo llevan claro:)! Si es cierto que la página esta un tanto abandonada, pero bueno.. Supongo que todo no se puede tener.. Además, para que molestarse en comentar, si cada 2×3 hay discursiones? En fin.. éche o que hay! A cuidarseee!

  6. Pois si que está morta a páxina si, a ver se facemos algo entre todos

  7. hola xentiña, la verdad es que desde que se se cambio la pagina , es la mentable y poco agradable ver como esta pagina que antes tenia fama y gloria , ahora esta bastante decaidilla, pero yo confio en que los de santirso no vamos a permitir que nuestra pagina se evapore y vamos a luchar como jabatos para recuperarla. os voy a dar nuevas noticias sobre santirso, cosas que se han hecho y que vereis cuando por aqui vengais , a casa do pobo ya esta amueblada, cuenta con 18 sillas nuevas, dos mesas , un radiador y tenemos el compromiso del ayuntamiento de rematar las pequeñas cosas que faltan para que la casiña quede ya terminada y arreglada para el disfrute del pueblo de santirso en pleno. Encontrareis tb una nueva pista forestal a pista forestal das cambicias , que abarca desde o camiño novo pasando por taboadela y llegando a comunicarse con la general , creo que sera una muy bonita pista por la que se podra pasear en verano , en fin gente animo y aqui seguimos trabajando para que esta vila da serra con la coolaboracionde todos no eche en el olvido .hasta prontooooo¡¡¡¡¡¡¡


Deixe unha resposta

Your response:

Categorías